ESTE É O NOSO
COMPROMISO CON GALICIA
Somos e seremos solventes
Somos un banco viable con maioría de capital público e en proceso de recapitalización. Esa é a maior garantía de solvencia.
Venderemos só produtos claros, sinxelos e fáciles de entender
Produtos adaptados ás necesidades e características dos nosos clientes. Non se volverá producir unha situación como a das preferentes. Estamos dedicando o noso máximo esforzo a resolver ese problema que tantas situacións persoais difíciles creou.
Seremos austeros e transparentes
Para sermos un banco eficiente e poder ofrecer produtos e servizos a prezos máis competitivos imos ser austeros con todos os gastos, incluíndo un axuste de salarios. Comprometémonos a facer público cada ano todo o que cobran os nosos conselleiros e os principais directivos do banco. Nin temos nin teremos blindaxes ocultas.
Apoiamos as empresas galegas e axudamos a crear emprego
Comprometémonos a financiar o tecido industrial e empresarial galego. Este ano concederémoslles arredor de 6.000 millóns de euros en créditos a pemes, comercios e autónomos. Concedemos 4 de cada 10 créditos que reciben as pemes galegas e comprometémonos a aumentalos.
Atendemos as necesidades das familias galegas e financiamos os seus proxectos
Comprometémonos a seguir concedéndolles créditos ás familias galegas e a asesoralas para que se financien do modo máis conveniente.
Ata xuño xa concedemos 210 millóns de euros en máis de 20.000 préstamos persoais, e 264 millóns de euros en 3.000 hipotecas.
Seguiremos reducíndolles as comisións aos nosos clientes
Aumentaremos o número de asalariados e pensionistas que non pagan comisións polas súas contas. Pronto serán 675.000 clientes os que non pagarán as comisións máis frecuentes.
Reinvestiremos en Galicia o aforro galego
O aforro galego vaise investir en Galicia. Centrarémonos nas súas familias e nas súas empresas, no rural e nas cidades. Con decisións tomadas dende Galicia.
O cliente é o centro das nosas decisións
Os mellores produtos serán para os nosos clientes de toda a vida. E non esqueceremos que existimos grazas á súa confianza e que o noso futuro depende da súa satisfacción.
Esforzarémonos cada día por mellorar o servizo que lle prestamos a un 80 % dos galegos e galegas.
Flexibilizamos os préstamos dos clientes con dificultades
En Novagalicia adaptamos as condicións dos préstamos das familias e pemes con dificultades de pagamento.
Analizaremos caso por caso, esgotando todas as vías posibles, para evitar desafiuzamentos.
Aspiramos a ser o mellor banco nacido dunha caixa
Combinaremos a esencia e o mellor das caixas coa práctica bancaria máis eficiente e transparente para o cliente. Asumimos o noso papel como motor económico e social de Galicia. Colaboramos decididamente coas institucións e apoiamos os sectores produtivos, formación, cultura, deporte e acción social. E seguirémolo facendo.